Opinión

Chapodar liberdades

Celebrouse sen as estridencias anteriores, pero máis reivindicativo que nunca para avanzar en igualdade e dereitos, pero conscientes os organizadores de que, como deixou dito Albert Einstein, é máis doado desintegrar un átomo que un prexuízo, e aínda hai ben homofobia neste país no que os mesmos que se autoproclaman defensores da liberdade criminalizan as relacións de persoas do mesmo sexo ou incluso non permiten exteriorizar reclamacións. Nos días previos ao Orgullo, alcalde (PP) e vicealcaldesa (Cs) de Madrid, cidade que ultimamente parece o centro do universo, mantiveron un estrondoso desencontro por unha bandeira, a do arco da vella que dá visibilidade a quen aínda sofre discriminación, pero iso dálle igual a quen está preocupado, sobre todo, por que fuxan apoios cara outro partido máis radical activista da familia natural exclusiva ou enfrontado ao que chama xihadismo de xénero e actúa como chapodador de liberdades.

Comentarios