Opinión

Chantaxes permitidas

ONTE TIVEN que acudir ao hospital. Non se preocupen, non foi por nada grave, hai que ser precavidos e sobre todo os que pasamos do medio século de cando en vez debemos facernos algunha revisión. Pois antes de dirixirme ao aparcadoiro para estacionar o coche, moi preto da entrada principal sorprendeume a xesticulación ostentosa de dúas persoas, case no medio da rúa. Terán algún mal e estarán reclamando que alguén os axude a achegarse ao centro sanitario para que os curen, pensei. Pero non, simplemente indicaban que había un sitio libre onde aparcar, como se calquera condutor non vira ese lugar ao pasar onda el. Pero deste xeito reclaman, ou máis ben esixen, unha compensación, pois pola contra o que se pode agardar é un desperfecto no vehículo. É a chantaxe permitida, a extorsión lexítima por consentida polas autoridades desprotectoras. Quen sexan. É o desgoberno. 

Comentarios