Opinión

CGPJ progresista con presidente conservador

Xuíces, maxistrados e fiscais non poden militar en partidos mentres están en activo, pero para a elección do CGPJ, o máximo órgano xudicial, son designados polo Congreso e o Senado, isto é, polos representantes políticos. Iso si, entre eles teñen que negociar porque non vale maioría simple, ten que ser a cualificada dos tres quintos de cada unha das dúas cámaras. Debido a este reparto, durante anos producíronse bloqueos, ao non haber acordos entre PP e PSOE. Desta vez si, e confórmase unha maioría progresista (once por nove) pero con presidente conservador. E dentro do reparto progresista, o PSOE permite a entrada de membros designados por Podemos. Así o lexislativo, que xa decide o presidente do Executivo, tamén marca o Xudicial, porque os tres poderes están mesturados, aínda que este último non coincida no tempo cos demais porque é elixido por cinco anos. Esa sería a súa independencia, porque os nomeamentos son políticos.

Comentarios