Opinión

Centrar o foco na beira

TEN A HABILIDADE Vox de situarse no medio de debate, e na campaña electoral andaluza non é excepción, sobre todo despois do segundo enfrontamento dialéctico entre os seis candidatos, porque agora todo se centra en se o partido ultradereitista entrará ou non no Goberno autonómico se ao PP lle resultan imprescindibles os seus votos ou se Moreno arriscaría a unhas novas eleccións se os resultados lle son insuficientes para un executivo en solitario. A sobreactuación dos dirixentes radicais busca impacto, e conségueo, desde maldicir a inmigración, negar a violencia de xénero ou defender a desaparición de CC.OO. e UXT, aos que cualifica de ultraesquerdistas, mentres fomenta a creación do seu propio sindicato, suponse que a xeito do vertical e único. Olona é a estrela da campaña electoral que remata hoxe, máis que o candidato a continuar como presidente. A sobreexposición ten os seus riscos, se ben o de fixar o foco iso faino como ninguén.

Comentarios