Opinión

Censura contra liberdades

O IMPORTANTE non é loitar contra a corrupción, senón que os cidadáns descoñezan que existe. Esa parece ser a mensaxe enviada polo fiscal xeral do Estado cando reclama impermeabilidade nos xulgados aos medios de comunicación. E non se recata en facelo en sede parlamentaria, onde solicita a elaboración dunha lei para evitar as filtracións. Se non puidera transcender ningunha información xudicial, nin se sabería que existe a trama Gürtel, nin que actuaron os GAL, nin que se investiga aos Pujol ao completo, nin que Madrid e Valencia cheiran a podre, nin que a operación Auditorio se levou por diante ao presidente de Murcia, nin as dúbidas na investigación dun dos casos que afecta ao expresidente madrileño. A lista é folgada, e o que é peor, segue engordando. O que pretende o fiscal xeral do Estado é censurar liberdades, non me quero imaxinar con que finalidade.

Comentarios