Opinión

Celebración na normalidade

NESTA VOLTA paseniña á normalidade, esa que en aparencia existía en 2019, cando Galicia celebrou nesta data de todos o centenario do seu día nacional e o 40 aniversario da oficialidade da festa, a comunidade mira cara adiante sen crispación, a pesar da división manifestada en distintos escenarios, nos que os partidos exteriorizan o seu espazo propio fronte aos demais, pero sen as estridencias e as tensións que por España adiante se viven. Galicia é excepción grazas aos tres partidos que logo das eleccións de hai un ano volveron acaparar un Parlamento que se asemella ao de 1997, nunha recomposición que apartou ou non permitiu a entrada dos partidos máis estrondosos. Galicia é agora un remanso político, quizais favorecido por non outearse eleccións no horizonte, pero sexa esta ou calquera outra a causa, isto agradéceno os cidadáns. Celebremos con xúbilo este sosego, a pesar dos problemas puntuais, nesta conmemoración de todos.

Comentarios