Domingo. 19.11.2017 |
El tiempo
Domingo. 19.11.2017
El tiempo

Cataluña todo o tapa, incluída a corrupción

CATALUÑA CONVERTE calquera outro asunto noticiable en secundario. Dito abruptamente, todo o tapa. Hai anos os opositores a CDC (agora PDeCAT) alertaban de que o partido se subiu ao soberanismo para agachar a corrupción, cos casos Pujol, Palau ou ITV coma significativos e a dúbida sempre do 3% de comisión en obra pública. Un dos estandartes contra Convergencia, sobre todo en sanidade, foi o agora defenestrado secretario xeral de Podem, un antinacionalista catalán desta volta pode que achegado ao independentismo. Pois igual que durante anos a corrupción en Cataluña quedou disimulada, ocorre desde hai meses en España, e así pasou desapercibido que a Fiscalía considerara probado o financiamento ilegal do PP, que pagou en diñeiro negro varias campañas electorais. E este solapamento pode pasar co dos Papeis do Paraíso. Dá igual que reis ou presidentes sexan corruptos, o importante é Cataluña.

Cataluña todo o tapa, incluída a corrupción
Comentarios