Opinión

Cataluña, só Cataluña

SE OS CELEBRADOS hai pouco comicios andaluces tiveron Cataluña de protagonista, a pesar da distancia e de tratarse dunha convocatoria autonómica, non cabe dúbida de que a comunidade que puxo en xaque o estado coa súa tentativa secesionista centrará debates, monólogos e discursos electorais, Primeiro ata o 28-A e logo o mes seguinte ata pasar as municipais e europeas ou máis aló, incluso para os posibles pactos.

Para moitos cidadáns deste país Cataluña chegou a fartar ata a saciedade, como demostrou hai pouco un senador de Compromís repetindo durante un minuto a palabra para demostralo, en contraposición ós millóns de veces que se leva oíndo nos últimos anos. Pero aos partidos nos lles debe parecer que canse, senón todo o contrario, pois a maioría utiliza o conflito como base de todos os ataques e focaliza naquel esquinazo peninsular un programa no que en vez de puntos parece ter só a aplicación dun artigo, o 155. O demais non importa, seica.
 

Comentarios