Opinión

Canto peor, mellor sobre todo para un

XA O DIXO á súa maneira Rajoy, que canto peor mellor para todos e canto peor para todos mellor, mellor para min o seu beneficio político, que traducido ao galego vén sendo que canto peor para o un partido mellor para todos os demais, uns máis ca outros, claro, e no caso de Cifuentes canto máis tempo pase nun posto de responsabilidade mellor será para os rivais do PP (sobre todo de Ciudadanos); non será peor exclusivamente para a presidenta de Madrid, senón da formación da que forma parte. Quizais por iso Cs, o seu principal apoio externo, non a fai caer, porque a súa continuidade á fronte da comunidade só servirá de desgaste. Ela pretende recorrer á mesma filosofía de Rajoy de que quen resiste gaña e por iso se parapeta detrás dunha dubidosa documentación, pero deste xeito o único beneficiado é o partido de Rivera, aínda a risco asumido de que o acusen de soster deshonestos.

Comentarios