Opinión

O comezo da fin

HAI UN CUARTO de século comezou a desaparición de Eta que culminou case vinte anos despois co anuncio de autodisolución. O asasinato de Miguel Ángel Blanco o 13 de xullo representou a inflexión cara a súa fin ao amosar masivamente a sociedade española o rexeitamento ao secuestro e máis aínda á tráxica morte do concelleiro popular en Ermua. Estaban vivas as imaxes dun maltreito e desorientado Ortega Lara liberado tras un prolongado cativerio, o que xa facía sospeitar que a banda terrorista buscaría outro golpe de efecto, e este foi tan brutal que atopou unha resposta cívica aínda máis contundente coa que empezou a seu desenlace. Pero logo de tanto tempo, aínda quedan por aclarar unha manchea de atentados, entre eles o de Blanco, se ben un novo informe da Garda Civil apunta á responsabilidade de varios ex-xefes etarras, pero son uns 300 non resoltos once anos despois de que os terroristas comunicaran o cese definitivo da actividade armada.