Opinión

Campaña trivial ou axitada

A POSIBLE amnistía polo procés, máis ou menos ampla que chegue a ser integral ou deixe flocos, nin aporta nin resta votos en Galicia, pero aí segue en campaña. Fanse monólogos sobre iso; acerca das decisións dalgúns xuíces para abrir novas causas contra significados dirixentes e alcanzar así un protagonismo político maior có dos deputados, e arredor do referido ás diferenzas de criterio entre fiscais de se investigar ou non a Puigdemont por terrorismo. E o terrorismo, o que realmente se sufriu durante décadas, pero xa superados os doce anos desde que se anunciou o cese definitivo da actividade armada, tamén entra na lea electoral aínda que tampouco quite nin facilite apoios a uns ou a outros. Pero mentres estes asuntos acumulen protagonismo minguarán outros, e así pode pasar a campaña sen estridencias, que é o que busca o principal partido, consciente de que conservando o que ten lle é suficiente. Son os demais os obrigados a axitar. 

Comentarios