domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

Campaña de bandeiras

OS CATRO MILLÓNS de indecisos que reflicten as enquisas serán, obviamente, determinantes nas eleccións. Quizais a atomización de partidos nunca antes coñecida sexa o motivo de tanto dilema persoal a dúas semanas do 28-A. Deberán mimar os políticos os cidadáns para atraelos á súa causa. E aí cada un ten a súa estratexia, na que defiren diametralmente, aínda que ata agora case ninguén fala do que vulgarmente se coñece como "as cousas de comer". Boa parte das formacións políticas opta por unha campaña de bandeiras, unha campaña patriótica e de nación en vez de por asuntos económicos, como se o estandarte fose o principal argumento. Dixo o actor José Sacristán que axitar bandeiras move o corazón e paraliza o cerebro, pero de cara a estas eleccións ondean máis que nunca. Logo de que se convocaran os comicios un símbolo converteuse en motivo de controversia en Cataluña, pero en España a bicolor ocupa o centro da campaña.

Campaña de bandeiras
Comentarios