sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

Cambio de estratexia cos imputados

O CLIMA de corrupción que acogotaba os partidos (non por practicala, senón por ser descuberta) levounos a extremar as medidas internas ante os seus presuntos delincuentes, para que pareceran casos illados (aínda que fosen miles) e salvagardar a marca. A obriga de deixar postos institucionais por ser imputados foi definitiva nalgúns casos nos que logo os protagonistas nin chegaron a xuízo ou resultaron absoltos. Como se a investigación xa levara aparellada culpa, os partidos tomaban medidas drásticas, e tamén outras reversibles, como a suspensión de militancia. Desta volta o PP cambia de modelo e aínda que Esperanza Aguirre é acusada de ideóloga e supervisora da caixa b na macrocausa madrileña non toma medidas contra ela; tamén é certo que xa non mantén cargos, nin sequera orgánicos. Mentres non chegue a vista oral é inocente, e da sentenza dos votos xa está liberada, por iso o PP quizais agora non sexa tan tallante.

Cambio de estratexia cos imputados