Opinión

Cambio de tendencia

PASA MORENO en catro anos de gobernar co peor resultado do seu partido desde 1986, co apoio imprescindible das outras dúas formacións da dereita, a facelo con maioría absoluta sen necesidade de apoio externo; e pola contra os socialistas, que parecían tocar fondo en 2018, demostraron non ter límite para seguir baixando.

Pero segundo nas anteriores eleccións semellaba que o resultado fora conxuntural, desta volta evidencia un cambio sociolóxico en Andalucía, cunha clara tendencia cara a dereita (72 deputados de PP e Vox nunha maioría de 55) ante a histórica da esquerda (chegou a ter 79 entre PSOE e IU), sen desculpa coa desmobilización concretada en renuncia ás urnas.

E aí é onde ten Sánchez o principal problema, máis que en comunidades onde o PP leva gobernando décadas, como Castela e León ou Madrid. Perdeu o presidente, e pola contra o novo líder popular obtivo dúas vitorias, a propia andaluza e a que libraba con Ayuso.

Comentarios