Opinión

Cae outro elo da conexión Valencia-Madrid

ISTO é un non parar. Outro exministro, e non un calquera, súmase aos dirixentes que, logo de compartir Consello con Aznar, acabaron no banco dos acusados. Algúns como Rato ou Matas, condenados a prisión, e outros, imputados en abundantes casos de corrupción, como unha marca da época de "España vai ben" durante a que se inchou a burbulla que logo estourou na cara de case todos os seus habitantes. Zaplana é outro estandarte que cae da etapa negra da podremia institucional, pero tamén representa a perversión que durante décadas campou na Comunidade Valenciana, pois é o terceiro expresidente imputado, tras Olivas e Camps, aínda que ocuparon o cargo con posterioridade a quen empezou a carreira política na alcaldía de Benidorm grazas a unha tránsfuga socialista que estivo os seguintes lustros cobrando como asesora no Concello. Outro elo roto da conexión Valencia-Madrid.  

Comentarios