Opinión

Na busca da estabilidade perdida

Pedro Sánchez y Salvador Illa durante el acto de la Fiesta de la Rosa del PSC en Gavà. EFE
photo_camera Pedro Sánchez y Salvador Illa durante el acto de la Fiesta de la Rosa del PSC en Gavà. EFE

Cataluña encara os derradeiros días dunha campaña que a levará a un escenario incerto, incluso de menor estabilidade có destes últimos catro anos de minoría republicana e que pode influír considerablemente no escenario político español, algo que non ocorreu coas eleccións galegas ou vascas, intranscendentes para a centralidade madrileña que non comprende e desdeña a periferia. Desta volta cambia. Se o independentismo non suma maioría tería complicado gobernar, máis aínda se o primeiro dos secesionistas é Junts, que nunca tería o apoio de Sumar, algo que si podería ocorrer con ERC, pero as enquisas apuntan a que Puigdemont superará a Aragonès. A alternativa ao independentismo é un pacto PSC-ERC, a saber con quen como president, e así formar un Govern consistente, que non sería tanto se fixera falta para apuntalar a maioría co minguante Comúns Sumar como sustento. Ou novas eleccións, que tampouco se pode descartar. Todo etéreo.

Comentarios