Opinión

Bloqueo do reflexo da maioría cidadá

DEBEU o presidente do Supremo de cansarse de facer oposición ao Goberno e agora, case tres anos despois de superar o prazo para o que foi elixido, reclama que sexa renovado o Poder Xudicial. Pero mentres, en todo este tempo desde decembro de 2018 cando xa debería haber novos órganos, segue tomando decisións, el e os demais membros, como se non estivera en funcións. Pois se quere que se desbloqueen os novos nomeamentos e non é quen de convencer ao partido ao que lle interesa continuar con este reparto favorable ao ter maioría conservadora por seren designados cando gobernaba Rajoy, só ten unha saída, a dimisión, que xa ía implícita cando asinou para cinco anos. O executivo xudicial é reflexo do lexislativo, aínda que non exacto no tempo porque un renóvase aos catro anos, como máximo, e outro aos cinco. E todos estes poderes do Estado, todos, son elixidos, directa ou indirectamente, polos cidadáns e reflicten así o reparto político.