Opinión

Bisontes e xabaríns en tropel

Coma bisontes no Capitolio de Washington, os manifestantes de Lorca semellaban xabaríns entrando na casa consistorial máis que pacíficos porcos como os que crían nas macrogranxas. Manipulados por intereses políticos, igual que foron adulteradas as palabras de Garzón, en contra desas supraestruturas industriais nas que producir miles de animais e a favor das facendas extensivas, estes gandeiros e outros cidadáns sumados á protesta pero alleos ao asunto foron arietes torneados por discursos incendiarios ás veces, belicosos sempre, de representantes públicos que nin se recatan de xustificar esta violencia, incluídas ameazas e insultos a un goberno local defensor dun proxecto que parte dos asaltantes nin sequera coñecía. Era só escusa para o asalto. Quen sementa ventos recolle tempestades na utilización dun asunto polémico nalgunhas comunidades pero que rebordou, como arma electoral, nunha que apenas sofre este conflito, Castela e León.

Comentarios