sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

Beneficios e prexuízos da crispación

España encabeza xunto a Xapón o uso das redes sociais como fonte de información e o WhatsApp é a canle máis utilizada. Se en calquera país é esencial o seu manexo para os partidos, entón aquí máis, moitas veces apoiados en medios tradicionais pero sobre todo os novos dixitais para transmitir as súas mensaxes. Pero como os internautas se transforman para dicir aquí, moitas veces desde o anonimato, o que non se atreven noutros contextos, crecen o radicalismo e o enfrontamento por esa sensación de anonimato. E a principal orixe atópase nas formacións políticas, aínda que nunhas máis que noutras e todos sabemos cales, que en vez de fomentar a convivencia impulsan a hostilidade. Demasiada crispación, e non só polo coronavirus, que trastocou as relacións sociais e deprimiu os cidadáns, senón que xa viña de atrás e continuará porque algúns consideran beneficiosa a división e a belicosidade, e posiblemente o sexa para eles, pero non para o país.
 

Beneficios e prexuízos da crispación
Comentarios