Miércoles. 26.06.2019 |
El tiempo
Miércoles. 26.06.2019
El tiempo

A fealdade como razón xudicial

O ARGUMENTO de que non lles resultaba atractiva serviulle a dous homes para ser absoltos de violación. Foi en Italia, pero tal razoamento podía ser utilizado en calquera país, e segundo quen xulgara ata válido para evitar a condena. É a interpretación das leis o que permite sentenzas tan disparatadas como esa, emitida, por certo, por tres mulleres. Sen entrar nos feitos, é esa unha apreciación acientífica que serve para sancionar o mesmo que valería para exonerar. Tamén hai uns días aquí un xuíz paralizou a exhumación de Franco en base ao risco que pode representar para a seguridade mover a pesada lápida colocada sobre o nicho. Incluso logo de recoñecer, no mesmo fallo, que é un profano na materia. Sentenzas, esta e a outra, que nun país e noutro deixan en entredito a Xustiza, un piar do sistema que arrandea por estes movementos telúricos internos. E no caso da absolución de violación, non só subleva as feministas, senón a case toda a sociedade. 

A fealdade como razón xudicial
Comentarios