martes. 01.12.2020 |
El tiempo
martes. 01.12.2020
El tiempo

Axuda pública, segundo para quen

Aínda que cada vez as directrices da UE deixan menos espazo normativo propio nos estados que a integran, quedan abundantes campos nos que actuar, e España non abdica desa posibilidade e aplica con asiduidade a política de axuda pública, se ben nas máis das veces se prece de liberal. Estes días transcenderon os millóns recibidos por dúas empresas en proceso de peche no país, Nissan e Alcoa, francoxaponesa unha e estadounidense a outra, e iso é algo habitual, politicamente ninguén o pon en cuestión excepto cando se utiliza como método chantaxista. Pola contra, hai outro sector sobre o que choven críticas polas achegas das administracións, o cultural, cando tamén se trata dunha industria potente que en Galicia representa arredor do 2 por cento do PIB. E é unha das que máis sofre nesta crise, porque durante meses a actividade foi nula e agora comeza moi timidamente. É como se para uns a subvención fose lóxica e para outros privilexio.

Axuda pública, segundo para quen
Comentarios