Opinión

Atenuar riscos de contaxio cos antivacinas

ESTÉNDESE por Europa a vacinación obrigada contra o covid. Italia, Grecia e Austria xa a aplican; en Alemaña e República Checa, para empregados públicos ou sectores laborais sensibles. Aquí é posible que non atope encaixe legal, pero si hai fórmulas para distanciar os negacionistas da vida pública. A Djokovic permitíaselle participar nunha competición deportiva en Australia, pero non se lle facilitou a entrada no país, o que en definitiva lle representou a prohibición de xogar. Se os tribunais non transixen coa inoculación forzosa (e do Poder Xudicial poucas facilidades pode agardar o Executivo) hai alternativas, postergando os antivacinas só a lugares ao aire libre se non illados no confinamento residencial, únicas alternativas ao certificado covid en lugares pechados, non só en bares, restaurantes, cines, teatros ou espectáculos deportivos, senón estendidos a supermercados, tendas ou transporte. Así atenúanse os riscos de contaxiarse con antivacinas.