Opinión

Ataques contra o seu país

FAILLE DANO a España a declaración do ministro Garzón sobre as macrogranxas porque o que transcende, aínda que non fora a mensaxe enviada, é que o país produce carne de mala calidade, o que representa un ataque a todo o sector exportador, que non é só, aínda que maioritariamente, o intensivo. É razoable a posición ministerial, pero iso non evita o estrago sustentado nunha incorrecta explicación. Igual que significa unha arremetida contra o país a campaña popular pola repartición dos fondos europeos que xa intentou torpedear cando se negociaron na UE para a recuperación. Argumentando as maldades distributivas, a oposición por en solfa a execución dun plan multimillonario que ningún goberno europeo externalizou, se ben nalgúns casos apóianse en grupos de expertos. Esta ofensiva para danar o Goberno arrastra o Estado, cuestionado así, na xa amolegada estratexia de canto peor, mellor, o seu beneficio político, como criticara á súa maneira Rajoy.