Opinión

Ataques a políticos emerxentes

CANDO EMERXEU Podemos, os partidos que desde a Transición gobernan España rebuscaron nos seus líderes para inflixirlles dano unha vez convintemente filtrada a información. Daquela Ciudadanos non era rival, pero agora que as enquisas lle dan protagonismo en forma de actas electorais empezan a xurdir sombras sobre algúns dos principais representantes. Curioso que se destaquen miudezas de dirixentes de partidos minoritarios e se infravaloren pagos sistemáticos en B, enchufismos como norma ou amiguismos empresariais rendibles arredor das institucións. Pretenden uns encubrir as súas escandalosas miserias propagando ao mínimo detalle o que poidan entresacar dos demais como método para que nada cambie: centos de políticos exercentes de poder en beneficio propio e miles ou millóns de persoas absorbendo das institucións. Eses vense menos, pero están, e son os peores.

Comentarios