Opinión

Ata fin de lexislatura

O ACORDO de orzamentos en España facilita estabilidade, algo que desde que se formou o Goberno en 2020 se puxo en dúbida, pola disparidade dos coligados e a variedade dos socios; pero logo de pecharse as contas de 2023 entre PSOE e UP garántese que esta lexislatura chegará ao final. Ningún presuposto deste mandato foi plácido, pero este levaba meses bloqueado, co gasto en Defensa como principal atranco, aínda que había uns cantos máis, desenmarañados agora cun pacto que reflicte o maior gasto social da historia, facilitado polas novas medidas fiscais, con novos impostos para as grandes fortunas e a suba de outros para as rendas altas. Unhas contas tamén en clave electoral nun contexto marcado pola incertidume económica en boa parte pola guerra, cunha inflación desbocada sen visos de ser embridada. Pero con elas búscase a protección social e amparar os servizos públicos nunha batalla ideolóxica de cara a un 2023 de urnas continuas.