jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

Un país revolto

ISTO ESTÁ moi revolto. E non só por Cataluña, enmarañada nun conflito que non ten visos de rematar por máis que a resposta independentista á sentenza do procés poida remitir, que iso está por ver. A tensión visible ou larvada e as posicións enfrontadas continuarán. Pero hai outras frontes abertas que tiveron estes días Madrid como escenario por ser na capital onde se toman as decisións políticas sobre pensións e transición enerxética nas que se xogan o futuro dos xubilados e dalgunhas das principais empresas asentadas en Galicia. Pero aínda que a concentración de pensionistas se levou ás portas do Congreso, había columnas chegadas do País Vasco, o máis reivindicativo neste asunto, e de Andalucía. E de Galicia manifestáronse veciños de Ferrolterra pola continuidade da central térmica das Pontes. E sen saír da comunidade, proseguen as mobilizacións por Alcoa-San Cibrao, que igualmente pendura dun fío. Angurias cidadás nun clima turbulento.

Un país revolto
Comentarios