Lunes. 22.04.2019 |
El tiempo
Lunes. 22.04.2019
El tiempo

Ás para o machismo

UN PARTIDO ultradereitista emerxente puxo o machismo no centro do debate político. Busca a derrogación da lei de violencia de xénero e serve de estandarte e amparo para quen considera superior o home á muller, que non é exclusivo do primeiro. En quince anos preto de mil mulleres morreron a mans das parellas ou ex, máis que as persoas asasinadas por Eta en catro décadas, e nos últimos sete anos producíronse 370 condenas por violencia machista, pero parece que iso é intranscendente. Esa posición política fomenta o machismo, que non recúa nin coas novas xeracións. E mentres, segue habendo locais de hostalería que utilizan as mozas como reclamo para ter máis clientela masculina ao non cobrarlles a entrada. É só un exemplo de todo o que falta por andar, para que non se repitan acontecementos como o recente de Terrassa na que o equipo de fútbol masculino de veteranos insulta o feminino sen escatimar adxectivos. En vez de retraelos, algúns danlles ás.

Ás para o machismo