Opinión

Ariete sempre, ata para defenderse

A PESAR da fraqueza por culpa da súa parella comisionista, defraudadora e propietaria da casa mellorada con obras ilegais na que conviven, Ayuso ataca. Converte a defensa en arremetida. Contra Sánchez, coma sempre, no seu papel de principal opositora, antes con Casado e agora con Feijóo. Capitanea o PP contra a lei de amnistía co presidente como principal diana, a quen responsabiliza do cambio lexislativo para borrar os delitos arredor do procés. Todo por liderar un Goberno feble, dependente de oito partidos. Claro que si, máis fortes e cómodas son as maiorías absolutas. Estratexia de debilitamento do PSOE como campaña de cara ás eleccións europeas, dando por amortizadas as vascas e as catalás en territorio hostil. Porque é pugna electoral, pero tamén rivalidade polo liderado, por acaparar protagonismo, e no Senado entre seis presidentes autonómicos do PP no debate sobre a amnistía só parecía que acudise ela. Só ela, a principal ariete.

Comentarios