Opinión

Aproveitar a desgraza para espallar baixeza

A PENA que embarga a todo un país está sendo aproveitada polos xenófobos para intentar influír na sociedade con mensaxes excluíntes, contra a inmigración, contra os estranxeiros en xeral e incluso contra os negros como raza. E a corrente defensora da cadea perpetua en España atopa nesta desgraza un argumento máis a sumar ao caso de Diana Quer e outros truculentos sucesos para recoller apoios ao endurecemento de penas. As redes sociais son o soporte ideal para espallar ideoloxía cando a sociedade se atopa tan sensible. Contrasta coa entereza e a sensatez da nai do pequeno Gabriel, que reclama un refreo da carraxe lóxica e que se eviten notas de xenreira como algunhas que circulan no seu nome. Xa antes de aparecer o corpo do neno propagáronse bulos nos que se poñía o foco en marroquís como posibles secuestradores para xerar odio antimusulmán. Non só é mala xente a que mata.

Comentarios