lunes. 28.09.2020 |
El tiempo
lunes. 28.09.2020
El tiempo

Apropiación indebida

Algúns partidos non participan na Diada porque entenden que foi acaparada polo independentismo. Iso satisfai aos partidarios da escisión, pero así a metade de Cataluña queda á marxe do que debería ser a festa de todos. E dirán algúns de vostedes, galegos que isto len: a min que me importa!, e poden ter razón, se o que ocorre nesa comunidade o tomamos como alleo, sexan intentos de separación ou o contrario; pero esa apropiación dunha celebración é similar á que algúns pretenden coa bandeira de España. Non entenden moitos cidadáns que o estandarte de todos poida ser rexeitado por unha parte, pero a explicación está en que uns partidos se apoderan do distintivo e os alleos parece que non teñen dereito a usalo, de feito anóxanse cando ven a Pedro Sánchez con el na máscara. E emprégano en manifestacións contra o Goberno, como se só fora seu, negando aos dous partidos do Executivo esa mesma bandeira, só propiedade dos que a lanzan contra eles.
 

Apropiación indebida
Comentarios