Opinión

Aporofobia, tanto ou máis que xenofobia

ASASINOS, un experto en escachar escaparates, narcotraficantes, un abusador sexual da súa propia filla, un falsificador de moeda, unha tratante de mulleres, hai de todo na listaxe do delincuentes fuxidos máis buscados en España, pero ningún subsahariano nin asiático; inmigrante quizais algún, pero occidental. Delinquir non ten orixe xenética, aínda que se estigmatice aos inmigrantes do terceiro mundo polos partidos xenófobos, tamén aporofóbicos, por odio aos menos favorecidos. Obvian o cento de grupos violentos que conviven na Costa do Sol, ‘sede global do crime organizado’, segundo título de Nacho Carretero, pero eses, claro, son delincuentes que compran en Gucci, Prada ou Hermès. Non obstante, atacan aos menas, nenos adolescentes sen familia, como responsables de todo mal, aínda que consigan traballo, pero seguirán sendo pobres, igual que os sen papeis explotados por unha trama de nativas con base en Castroverde.

Comentarios