Opinión

Apoiar co voto en contra

SE NON ocorre como na primeira elección presidencial de George W. Bush, na seguinte madrugada coñecerase quen ocupará a presidencia de Estados Unidos. Será, para ben ou para mal, decisivo para o mundo, pola influencia política e económica que mantén o país norteamericano. E moito terá que demostrar o que ocupe a Casa Branca como cuadraxésimo quinto presidente para reverter a apreciación que agora existe dos candidatos republicano e demócrata, considerados os peores da historia. Non só en España se opta ás veces nas urnas polo mal menor, é evidente que en Estados Unidos tamén, porque se o elixido é Trump será pola escasa empatía de Clinton, e se a gañadora é esta deberase máis ao rexeitamento do rival que pola súa proposta; como se na decisión pesaran máis os aspectos negativos dos aspirantes para outorgarlle o apoio ao contrario. Non votan por alguén, senón contra o outro.

Comentarios