jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Apagón da razón

HAI XENTE ansiosa por sumarse a teorías apocalípticas. Aproveita calquera bulo para unha radicalización que se torna grupal antisistema. Tanto se volven negacionistas cun desprezo absoluto da razón como terraplanistas contra a ciencia. E na súa senrazón acaparan lanternas ou fornos autónomos de enerxía eléctrica ante o temor a un apagón xeralizado. E todo porque unha ministra austríaca asegurou que o seu país está preparado para unha hecatombe. Neste mundo global aletea unha bolboreta en Viena e ocasiona unha borrasca en Madrid, Johanesburgo ou Cleveland que arrastra a outra crise de subministro nas ferraxarías, que se máis cociñas de gas tiveran máis vendían, igual que cando empezou a pandemia provocou furor polo papel hixiénico. Algunhas familias aínda están gastando do acumulado ano e medio despois e dentro de pouco seguro que as tendas online de segunda man non darán abasto con tanto produto revendido sen estrear. 

Apagón da razón
Comentarios