domingo. 18.08.2019 |
El tiempo
domingo. 18.08.2019
El tiempo

Anuncio cara fóra con aviso cara dentro

NIN CHEQUES en branco nin liñas roxas. O independentismo catalán parece disposto a pactar para que Sánchez siga na Moncloa se entre os tres partidos da dereita non suman. Pero esa declaración, xusto ao coñecer que poden non facer falta para un Goberno socialista, é máis política que efectiva, para dicirlles aos potenciais votantes que queren ser decisivos en Madrid, que precisan das súas papeletas para non quedarse en terra de ninguén, para non deixar de ser decisivos. Historicamente o nacionalismo catalán fixo valer os seus representantes nas negociacións de goberno, algo que os abertzales tamén conseguiron en ocasións (Galicia nunca obtivo ese protagonismo). A última vez, na moción de censura que elevou a Pedro Sánchez á Moncloa, pero desta volta algún deles (PNV por un lado e ERC-JxCat por outro) corre o risco de pasar unha lexislatura no ostracismo, por iso os cataláns lanzaron a mensaxe, non ao PSOE, senón aos seus votantes. 

Anuncio cara fóra con aviso cara dentro
Comentarios