Miércoles. 26.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 26.09.2018
El tiempo

A anomalía de glorificar un tirano

UN MAUSOLEO no que adorar un ditador. Isto é unha anomalía democrática, igual que manter unha fundación que enxalza un déspota. Pero cando ao pouco da súa morte se suxeriron cambios no Valle de los Caídos considerouse que era demasiado pronto porque aínda non cicatrizaran as feridas e cando pasado o tempo se volveu propoñer seica non pagaba a pena porque xa era un tema esquecido e non se debía remexer. O caso era manter, estes e outros lugares como rúas, prazas ou monumentos, como exaltación da tiranía, sustento ás veces no que colabora algún partido bloqueando cambios como se non quixese ferir sensibilidades dunha parte dos seus partidarios (o CIS sitúa no 12% os votantes do PP de extrema dereita). Pois aquí non pode haber términos medios, ou se opta pola normalidade democrática ou por seguir evocando o que Franco concibiu para honrar a súa «gloriosa cruzada».

A anomalía de glorificar un tirano
Comentarios