Opinión

Ano de incerteza

O ANO MÁIS electoral, que empezou coa maioría parlamentaria do PP e gobernos populares nas máis importantes cidades salvo excepcións, chega ao seu último día con importantes alcaldías en mans de emerxentes e a incerteza de que sucederá nos próximos meses logo da constitución do Congreso máis fragmentado desde a Transición. E non polo número de partidos, que son similares en case todas as lexislaturas, senón pola febleza dos dous primeiros, pois nunca se ganara con menos de 156 deputados nin o segundo partido baixara dos 105, e pola fortaleza dos seguintes, xa que xamais o terceiro sumara máis de 23 actas, e incluso agora o cuarto ten 40. Deixa isto un panorama complexo que ou o despexan os nosos representantes con xenerosidade e cesións ou o terán que aclarar os cidadáns nunhas novas eleccións. Haxa que votar de novo ou non –en Galicia seguro que si– feliz ano a todos.

Comentarios