Opinión

Andalucía e, por extensión, España

CHÉGASE ÁS urnas en Andalucía logo dunha campaña estridente por parte dos líderes españois centrada en asuntos que nada teñen que ver coa comunidade, pero ao formularse como as enésimas primarias das xerais previstas para dentro de ano e medio os argumentos apropiábanse do todo pola parte.

Pero se os dirixentes principais baixaron ao bulleiro, os autonómicos pasaron estes días previos evitando os estrondos, sobre todo o candidato popular, que preferiría non ter que afrontar dúas semanas de mitins, nos que reclamaba unha maioría suficiente para non ter que dobregarse e deixar a Vox parte do Goberno, e pola contra a parte esquerda alertaba de que Vox pode chegar ao Goberno, como un xeito de mobilizar os votantes que se non resultan convencidos engrosarán a abstención. E esta é a principal dúbida de hoxe, de se as esquerdas xuntas superan ao PP só, unha vez que xa está claro que os populares degluten case ou por completo a Ciudadanos.

Comentarios