Opinión

Amizade con países sen democracia

GRAN AVANCE. As mulleres poderán votar, aínda que sexa para unhas institucións con escaso poder político. Non se trata de España, onde as féminas puideron acudir ás urnas por primeira vez na Segunda República, aínda que logo na ditadura o país involucionou.

Trátase de Arabia Saudita, onde a discriminación feminina é unha das moitas eivas que evidencian a escaseza democrática, que non priva da amizade pecha con España, quizais porque se trata igual que o noso dun Estado monárquico ou porque nada en petróleo. E non é o único caso de boa relación cun país antidemocrático.

Acabamos de recibir con honores o golpista presidente exipcio, que retirou do poder o primeiro elixido democraticamente, pero criticamos a Venezuela, que non será un modelo ideal, pero hai moitos outros peores aínda que a estes alabámolos. Parece que hai cousas máis importantes cá democracia.

Comentarios