Opinión

Alguén debería avergoñarse, como mínimo

FOMENTO culpa á concesionaria da autoestrada, esta carga contra o ministerio máis a DGT por participar na elaboración do operativo invernal, e a DGT responsabiliza aos condutores por non tomar precaucións. Ninguén asume que a vía tiña que estar cortada se non se podía pasar, algo tan sinxelo coma iso en vez de emporcallar aos demais para librarse dunha dimisión que en alguén debería recaer. Igual que reclamaba o mesmo partido que está no goberno cando se atopaba na oposición e ocorreu algo similar. Por certo, daquela (2009) tamén todos seguiron nos seus postos, porque este país non é dado a deixar cargos, aínda que quede demostrada a incapacidade para desempeñalos. Ministro, director da DGT e delegada do Goberno en Castela e León non só erraron na xestión, tamén se vangloriaron da súa inutilidade ao asegurar que se fixo todo o que se puido, ou sexa, mal. Que país, vergoñento.

Comentarios