Opinión

Aguirre fai campaña por Iglesias

NA SÚA guerra contra Rajoy, Aguirre non escatima munición. Dispara a racheiras para laminalo. Aínda que non pareza. Será porque quere morrer  —politicamente, claro— matando, incluso aos correlixionarios e porén rivais. Aspiraba Aguirre a obter non só a alcaldía de Madrid senón sumar un gran resultado para postularse como relevo de quen o desgaste da crise e da corrupción está minguando. A decisión cidadá que lle outorgou unha pírrica vitoria, inútil se a lóxica numérica se impón, debería ser o primeiro paso para a xubilación política da lideresa, e quizais por iso lle está facendo a campaña a Iglesias, para que se impoña a Rajoy nas eleccións xerais/presidenciais de novembro. Outra explicación non hai aos seus últimos movementos de ofrecer pactos a destro e sinistro para frear o acceso ao poder dos herdeiros do 15-M, algo que deste xeito os empurra ás portas da Moncloa.

Comentarios