Opinión

Agravios

GALICIA SOPORTA agravios sen inmutarse. Algunha protesta esvaída e pouco máis, porque somos sufridores cidadáns ou porque carecemos de peso político para facer oír a queixa, ou por ambas as dúas. Cando acaban de desaparecer peaxes de autoestradas por Andalucía, Aragón, Comunidade Valenciana e Cataluña, aquí aplaudimos unha mínima rebaixa, e todo porque se prorrogou a concesión ata 2048 a cambio dunhas obras que se non existira este distinto trato serían acometidas polo Estado, e así estaría liberada xa desde 2012. Tamén co Ave se dá unha afronta que leva preto de 30 anos. A infraestrutura que nos unirá coa Meseta acumula demoras cando de Madrid a Sevilla se pode viaxar en dúas horas e media desde 1992. E Galicia, que case é autosuficiente enerxeticamente, paga a luz a prezo de ouro igual que noutras comunidades que apenas xeran, e con empresas, sobre todo as hidroeléctricas, que cotizan fóra, noutro agravio que aquí parece non importar.

Comentarios