Opinión

Acumulación de símbolos

Acapararon durante 40 anos as cores dunha bandeira e por iso, como reminiscencia, aínda existe entre os cidadáns unha certa animosidade coa enseña común a pesar das catro décadas transcorridas desde o cambio de réxime. Poden agora cometer o erro de ennobelar para si a monarquía e convertela en arma que lanzar á outra metade. Ninguén ten dereito de monopolizar o patriotismo, como alertara Azaña e se repetiu no Congreso hai uns días. Unha vixencia da que deberían tomar nota os da bancada dereita en vez de elevar a voz con estridencia de exclusividade real. Ninguén ten dereito nunha polémica de dicir que a solución é a mellor porque é patriótica; necesítase que ademais de patriótica sexa correcta, continuaba a cita do derradeiro presidente da República. E que monarquía se identifique unicamente cunha parte de España que só ela se considera patriótica sería un pésimo suposto para un sistema instalado na pendencia e na crispación.

Comentarios