Opinión

Acosado polo pasado

Gustaríalle liquidar parte do pasado, o que o está acosando, pero ten que seguir pagando facturas dou-tras épocas. Casado, que chegou a líder do PP por abandono de Rajoy logo de que unha moción de censura baseada na corrupción o apartara do Goberno, ten dito que todo iso é historia e non lle compete, e non só renega dos dirixentes anteriores, senón que ata abandona a sede histórica, da que se investiga a súa reforma. Pero Gürtel, Bárcenas e a caixa B ségueno perseguindo, e fanse máis visibles cando dirixentes como Cospedal, Cascos, Trillo, Rato ou os anteriores presidentes populares Aznar e Rajoy dan testemuño nun xuízo, aínda que non recoñezan sobresoldos en diñeiro negro, en contra do que testifican outros declarantes que pasan polo banco. Ten dado mostras sobradas de resiliencia o partido outrora de Goberno e agora principal da oposición, e soporta os embates xudiciais por algo antigo que Casado non dá borrado e de cando en vez estoura.

Comentarios