Opinión

Acordos asinados en papel mollado

INCUMPRIR COSTA barato. Polo menos para os políticos, que non están suxeitos a satisfacción legal en acordos incluso asinados, igual que poden obviar os programas electorais impresos e que ás veces asumen con radicalidade na campaña para logo esquecelos sen represalias procesais, e en moitas ocasións nin políticas.

Negocian agora en Murcia PP e C's a supresión dos aforamentos, cando os mesmos partidos pactaran para que Rajoy fose presidente que en España este asunto estaría solucionado en xaneiro, igual que a limitación de mandatos. Pero xa estamos en abril e nada cambiou. Porque os compromisos nas máis das veces son papel mollado, igual que pretendía o dimisionario presidente murciano, que prometera abandonar se recibía imputacións e fíxose rexo incluso coa segunda e foise de mal xeito (segue como deputado) cando viu que ía prosperar unha moción de censura. É máis doado predicar que dar trigo.

Comentarios