Opinión

Acordos para absorber fondos europeos

SEGURO que se conseguirán os fondos europeos da recuperación, pero para que cheguen son precisos acordos previos, o primeiro o dos orzamentos do Estado, e que non se empantane a crise xudicial. Os partidos que defenden o de que canto peor lle vaia ao Goberno e á cidadanía mellor lle irá a eles son remisos a pactos, como o do CGPJ; prefiren loxicamente que o reparto represente politicamente o de hai anos, cando o PP tiña maioría, e aí está encorado desde 2018. Pero ao final os dous principais partidos terán que desbloquear a situación e evitar que Europa reprenda a España polo cambio lexislativo. E para os orzamentos do Estado, están encamiñados, aínda que se presenten contravindo a Constitución que marca setembro como mes tope para que chegue o proxecto ao Congreso. Será en outubro, e sairán adiante incluso con partidos que non apoiaron a formación do Executivo. É un vaticinio, pero sería esencial para atraer os fondos europeos.