viernes. 16.04.2021 |
El tiempo
viernes. 16.04.2021
El tiempo

Acabouse con Eta, cos golpistas non

Cumpríronse vinte anos do pacto antiterrorista que facilitou a desaparición de Eta. A posterior lei de partidos concibida para ilegalizar formacións políticas que apoiaran o terrorismo estaba na mesma liña. Neses acordos entre PSOE e PP especificábase que non se utilizarían para obter rendibilidade electoral, a sabendas de que era un asunto sensible que podía facilitar apoios, pero esta parte incumpriuse reiteradamente. E logo de tanto tempo aínda se utiliza calquera achegamento aos radicais abertzales para intentar arrapañar unha presada de votos fóra de Euskadi, a pesar de que no pacto aquel sobreentendíase que se a banda abandonaba a loita armada, algo que fixo xa hai case unha década, o seu brazo político podía volver ás institucións. Escaso rendemento van sacar os opositores máis aló de engangrenar unha parte da cidadanía nostálxica que non admite outro goberno que non sexa o dos seus. A democracia acabou con Eta, pero non cos golpistas.

Acabouse con Eta, cos golpistas non
Comentarios