Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

Abaneos sen vento

GOBERNAR É un exercicio que non debería admitir dúbidas, a risco de deixar a sensación de improvisación, e iso é o menos que agardan os cidadáns. Pódese facer ben ou mal, moitas veces interpretativo segundo cada persoa, pero as vacilacións non son admisibles. E o Executivo de Pedro Sánchez xa tivo algunhas, que nada teñen que ver coa súa debilidade parlamentaria.

Contemplaba como un asunto privado que o xuíz do procés fose denunciado en Bélxica polos independentistas prófugos residentes nese país, ata que os partidos da oposición presionaron para que asumira os custes da súa defensa como cuestión de Estado. Agora renuncia a converter o Valle de los Caídos en "lugar de memoria para as vítimas da Guerra Civil e da ditadura franquista", como defendía hai pouco. Os cambios de criterio réstanlle credibilidade a un gobernante, máis que a toma dunha decisión equivocada.

Abaneos sen vento
Comentarios