Opinión

A política do 3%

COMISIÓNS a unha formación política a cambio de adxudicación de obra pública dunha institución dirixida polo mesmo partido. O que se sospeitaba, e que Pasqual Maragall denunciara no Parlament hai xa 13 anos coa conseguinte perturbación, queda agora constatado en sentenza. Convergència cobrou durante décadas o 3% dos traballos que se facían para a Generalitat. A investigación dunha parte da Gürtel céntrase na mesma metodoloxía no PP aínda que sen fixar porcentaxes. Era un xeito habitual de corrupción, un procedemento sistémico polo que se sufragaban os inxentes gastos dos partidos, de todos, especialmente en campañas electorais. E de paso outras importantes cantidades quedaban polo camiño en mans privadas de dirixentes. Os procesos xudiciais fixeron emerxer logo centos de casos, pero o Palau foi en tempos a emblema do saqueo institucional na España do 3%.

Comentarios