Opinión

A liberdade, en regresión

Un libro secuestrado, un cantante na cadea, unha exposición retirada dunha feira de arte. Non parecen bos tempos para a liberdade nin para a creación se leva aparellado un mínimo de provocación. Estase aplicando o código penal contra calquera sátira que contraveña algún sentimento cando a protección debería ser exclusivamente de dereitos. Críticas alegóricas á relixión ou a decisións políticas acabaron nos xulgados e incluso algunha con seria condena porque entidades ultramontanas aproveitan unha lexislación desfasada para un país democrático que con esta deriva só lle falta recuperar o delito de blasfemia, e iso que estamos nun Estado aconfesional. Os sectores fundamentalistas logran recluír a liberdade de expresión. Certo que se poden producir bodrios, obras de mal gusto ou irrespectuosas, pero semella avanzar unha involución na que non se admite a mínima contestación.

Comentarios