Opinión

O poder do 'noir' galego

Manuel Gago deixoume o outro día tola: contou que Manuel Bragado —un home que de libros en Galicia sabe latín— lle confirmara un dato abraiante, pero sobre todo moi preocupante. De cada cen libros vendidos en Galicia só un é de ficción en galego para adultos. Iso fíxome reflexionar, porque eu na miña vida cotiá uso o castelán —porque me peta, non porque non saiba o galego— e, en cambio, os últimos libros que lin son na lingua de Rosalía por obra e gracia de Domingo Villar e o seu comisario Caldas; Arantza Portabales —ando metida en A vida secreta de Úrsula Bas— e Pedro Feijoo —o seu Un lume azul é apaixonante—. Si, están no certo, é novela negra. E aí hai unha mina.

Comentarios